Cervo, Burela e Xove inician un obradoiro de emprego

TerraChaXa | AMariñaXa
Cervo, Burela e Xove inician un obradoiro de emprego no que participan 20 persoas desempregadas que durante os vindeiros nove meses
21 Dec 2020

O obradoiro de emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove clausura hoxe a súa sexta edición e inicia a sétima, na que participan 20 persoas desempregadas que durante os vindeiros nove meses se formarán nas ramas da xardinería e a construción.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, xunto cos alcaldes dos tres concellos, entregou os diplomas ás 20 persoas alumnas-traballadoras que remataron a súa formación nestas mesmas especialidades e tamén na área de traballos forestais.

A Consellería de Emprego e Igualdade destinou case 810.000 euros a financiar ambos programas, promovidos polos concellos. A Xunta financia o novo taller con 347.000 euros, mentres que o anterior recibiu unha achega de 462.500 euros, superando en máis dun terzo o orzamento e a duración inicialmente previstos para compensar o período en que a actividade estivo suspendida por mor da alarma sanitaria.

Igual que nas anteriores edicións, o novo taller seguirá traballando no mantemento e mellora de numerosos parques, xardíns e zonas verdes dos tres concellos, así como no acondicionamento de locais e instalacións municipais.

Obras

En concreto, en Cervo traballarán en espazos como os parques Reina Sofía de San Cibrao, o municipal e o das Lobeiras de Cervo; ademais de continuar coa limpeza e rexeneración do bosque autóctono do polígono de Cuiña.

En Burela acometerán a restauración da cunca dos regatos de río da Vila (Pomeda) e das Pasadiñas, e ocuparanse do mantemento de moitas zonas verdes como a área recreativa do Cantiño e paseo marítimo ata Burela, o xardín da escola infantil Os Castros ou os alcorques da praza da Mariña e da rúa Eijo Garay.

Polo que respecta a Xove, executarán obras de acondicionamento nas instalacións do centro cívico, nos depósitos municipais de auga de Xove, Palmeiro, O Cruceiro, A Rigueira e Monte; na pista polideportiva do pavillón e en diversos lavadoiros, fontes e mobiliario urbano do concello.

Arias lembrou que o obxectivo prioritario dos obradoiros é mellorar as opcións dos participantes de atopar un emprego, mediante a adquisición de habilidades teóricas e prácticas en áreas con boas perspectivas de integración no mercado de traballo


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17460894584656