Chacín celebra este domingo as súas festas na honra a San Pedro Fiz e á Virxe do Pilar

A parroquia de Chacín prepara para este domingo, 11 de outubro, unha xornada festiva con motivo das celebracións na honra a San Pedro Fiz e á Virxe do Pilar. Os actos comezarán ás 13.00 horas cunha misa solemne, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada por Verónica Cambón.
A partir das 14.45 horas terá lugar no Campo da Festa a tradicional comida popular, cun menú composto por caldo, carne de porco, tenreira guisada con verduras, sobremesa, viño branco e tinto, auga, café e licores.
O prezo dos tickets é de 30 euros para os adultos e de 18 euros para os nenos e nenas de entre 4 e 10 anos.
A celebración continuará pola tarde cunha festa verbena protagonizada por Verónica Cambón, que poñerá o broche musical a unha xornada de convivencia e celebración para os veciños e visitantes de Chacín.