Chacín, en Riotorto, acolle un curso de poda e inxerto

TerraChaXa | AMariñaXa
A Asociación de veciños de Chacín, en Riotorto, organiza este sábado, 4 de marzo, un curso de poda e inxerto.
poda frutais
poda frutais
1 mar 2023

A Asociación de veciños de Chacín, en Riotorto, organiza este sábado, 4 de marzo, un curso de poda e inxerto que se desenvolverá en horario de mañá e tarde.

A sesión terá lugar na Escola de Chacín, de 10.00 a 14.00 e de 15.00 ata a rematar. As persoas interesadas en anotarse devberán facelo antes de que acabe o día de hoxe (1 de marzo) no teléfono 660 151 242. Terán preferencia os veciños e veciñas da localidade.

Recoméndase levar tesoiras de poda, navallas, serrucho, etc...