Charli, de Carabullo, xa é matemáticamente campión individual da Liga Nacional de Billarda

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Foi a 12ª xornada da LNB NorLeste en Muimenta na que se celebrou o X Aberto A terra non se vende e na que o equipo Carabullo
billarda muimenta 2023 2
24 Apr 2023

Por Daniel Rodríguez Saavedra da Asociación O Varal.

Foi a 12ª xornada da LNB NorLeste en Muimenta na que se celebrou o X Aberto A terra non se vende e na que o equipo Carabullo de Ponte de Outeiro, como xa fixo con anterioridade, trasladou o seu aberto o campo de fútbol O Pichón, donde se deron cita oitenta e tres palanadores (55 homes, 19 donas e 9 cativos) na disputa da penúltima xornada da tempda.

Semella que a choiva gosta da LNB. Mais unha volta agardou a que déramos rematado o aberto para facer acto de presencia, o que fixo a ledicia dos asistentes subliñadamente dos Troitas Bravas, que se manexaron comodamente e, ainda que non matemáticamente, sentenciaron o campionato comandados por un sensacional Sachas que fixo pleno de puntos adornados con un soberbio varado..

De igual xeito o segundo e terceiro posto de equipos semellan ocupados por Carabullo e Billardeiros Musicais xa que  Madia Leva, que está rematando a tempada con forza espertou algo tarde de mais, hoxe acadaron o segundo chazo so a un punto dos campión e por diante de Carabullo.

No plano individual a máis do hoxe campión Sachas, destacaron Gundar con vintecatro puntos e Carlos Alvariño con vintetrés.

Temos que comentar que xa na primeira carreira Charli, a zurda d’ouro dos Carabullo, foi quen de se proclamar matemáticamente campión individual absoluto a falta da xornada de Remourelle.

En donas Cris, de Castiñeiro, foi a mellor e fai podio por segunda vez na tempada, Geni, de Billardeiros Musicais, foi segunda e Alba, de Troitas Bravas, terceira. Esta categoría segue a ser dominada por Aroa, de Billardeiros Musicais, que é a virtual campioa da tempada.

Diego e Mateo, ambos de Madia Leva, e mais Alba ocuparon o podio infantil. E para non ser menos, nesta categoría xa temos tamén virtual campión: Mateu.

Rematamos a xornada ca entrega de fermosos agasallos artesanais e das árbores autóctonas con que os Carabullo adoitan agasallar aos gañadores do aberto.

A vindeira xornada xógase en Remourelle o 20 de maio e porá o peche a tempada. Como é costume, neste caso os grupos non se farán por sorteo puro senón que se irán formando según a clasificación xeral. O grupo dos primeiros clasificados será o derradeiro en xogar.

As clasificacións logo desta xornada quedan deste xeito:

Absoluta:

1º Charli Carabullo 255 p.

2º Sachas Troitas Bravas 208 p

3º Gundar Madia Leva 206 p

Donas:

1ª Aroa Billardeiros Musicais 159 p.

3ª Geni Billardeiros Musicais 133 p.

2ª Irea Carabullo 107 p.

Infantil:

1ª Matu Madia Leva 153 p.

2ºDiego Madia Leva 136 p.

3ªAntía Troitas Bravas  77 p.

 Equipos:

1º Troitas Bravas de A Pontenova 936 p.

2º Carabullo de Ponte de Outeiro 899 p

3ª Billard. Musicais de Ribadeo 864 p.

billarda todos os equipos muimenta
billarda muimenta 2023 1

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.033195018768311