Chega o XI Festival 27373 de música en galego

TerraChaXa
A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vai celebrar a undécima edición do Festival 27373 que terá lugar o sábado 12 de agosto no Club Fluvial de Begonte.
festival-273373-begonte-portada
9 Aug 2023

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vai celebrar a undécima edición do Festival 27373 que terá lugar o sábado 12 de agosto no Club Fluvial de Begonte.

O Festival 27373 caracterízase por ser o único festival do concello de Begonte, un dos poucos festivais cunha programación íntegra en galego, que apoia a grupos emerxentes e que nos últimos anos conta, polo menos, cun grupo integrado maioritariamente ou liderado por mulleres. Unha aposta pola língua e pola visibilización da muller nos escenarios.

O festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequenos e ás familias. A partir das 13.45 horas comezará unha atractiva sesión vermú con música tradicional a cargo do cuarteto Seimeira, na que poderemos gozar, en exclusiva, das dúas cervexas oficiais do Festival 27373. Xa pola tarde, a partir das cinco, comezará o tradicional XI Aberto de Billarda coa colaboración da Asociación O Varal. Ás seis, o III campionato de serradores da Terra Chá. A partir das sete, o guitarrista Paco Cerdeiras, Pakolas, dará remate ao festival de día co seu espectáculo Rockeando con Ramona pequena, dirixido ao público familiar.

Abrindo o festival de noite, sobre as 20.30 subirá ao escenario Pauliña, unha muller reivindicativa e chea de vitalidade que fusiona rock, country ou blues. Os seguintes en subir ao escenario será o Pepe Vaamonde Grupo, un dos mellores gaiteiros do país chega ao escenario do festival, a súa gaita poñerá o torreiro patas arriba. Rematan o festival, Tecor Societário, o seu punk-folk será o remate perfecto para esta edición.

festival-273373-begonte
0.16844606399536