Chegan ao seu final as obras para cubrir a pista de pádel de Abadín

Continúan as obras de colocación da cuberta na pista de pádel de Gontán, situada na área recreativa da Roxica. O proxecto de execución ten un orzamento de 83.711 euros.
Así, a obra do concello xa ten instalados os laterais de tres metros máis con chapa translúcida e rexa de lona perforada sobre os tres metros de cristal que ten a instalación. Conta tamén con canalóns e baixantes e a serigrafía foi realizadas con zonas da contorna do Concello.
O tellado estará está feito por un armazón de ferro.
A pista de pádel leva feita dende o mes de febreiro de 2017 para a que o Goberno local destinou unha partida de 31.700 euros, na súa maior parte con fondos subvencionados pola Xunta de Galicia.