Chegan ao seu final as obras para cubrir a pista de pádel de Abadín

TerraChaXa
Conta con canalóns, baixantes e os laterais con lonas serigrafiadas con entornos do concello
obras-para-cubris-pista-padel-abadin
Obras de cubrición da pista de pádel de Abadín
29 Maio 2024

Continúan as obras de colocación da cuberta na pista de pádel de Gontán, situada na área recreativa da Roxica. O proxecto de execución ten un orzamento de 83.711 euros.

Así, a obra do concello xa ten instalados os laterais de tres metros máis con chapa translúcida e rexa de lona perforada sobre os tres metros de cristal que ten a instalación. Conta tamén con canalóns e baixantes e a serigrafía foi realizadas con zonas da contorna do Concello.

O tellado estará está feito por un armazón de ferro.

A pista de pádel leva feita dende o mes de febreiro de 2017 para a que o Goberno local destinou unha partida de 31.700 euros, na súa maior parte con fondos subvencionados pola Xunta de Galicia.

0.078629970550537