Chegou o "Sweet Month"

TerraChaXa
Unha vez mais, xa está aquí decembro ou, como xa hai tempo que eu lle dín en chamar, o “Sweet month”, xa que, desde que comeza, ata o sete de Xaneiro, semella que o que compre é derrochar felicidade, dar e recibir amor a mans cheas, malia que o resto do ano entre algúns de nos non sexamos quen de aturarnos nin con unhas cantas copas de mais enriba, e, o principal, gastar, pero moito, sen freo, e sempre, fundamental, tentar que o gasto sexa maior que o alleo e que se note, claro está, senón é tontería.
Marta Rodríguez Engroba
11 Dec 2017

Unha vez mais, xa está aquí decembro ou, como xa hai tempo que eu lle dín en chamar, o “Sweet month”, xa que, desde que comeza, ata o sete de Xaneiro, semella que o que compre é derrochar felicidade, dar e recibir amor a mans cheas, malia que o resto do ano entre algúns de nos non sexamos quen de aturarnos nin con unhas cantas copas de mais enriba, e, o principal, gastar, pero moito, sen freo, e sempre, fundamental, tentar que o gasto sexa maior que o alleo e que se note, claro está, senón é tontería.
De donde saquemos os cartos e o estado comatoso dos nosos petos en Xaneiro, agás para unhos cantos privilexiados, é o de menos.
Desde os primeiros días do mes, no que a ponte da Constitución marca o comezo dunha competición para ver quen colle mais días libres e quen marcha cara ao destino de lecer mais exótico e mais caro e ata que remata o Nadal, semella que a vida é unha sucesión de festas, compras, agasallos e entrañables xuntanzas nas que todo o mundo se quere, é feliz e semella estar imbuído nun estado case de nirvana, no que todo é paz e felicidade, panxoliñas incluídas.
Obviamente, haberá xente e familias para as que esto sexa unha realidade, e afortunados eles, claro que sí.
Pero o que non podo evitar que me rechíe e comprobar, ano tras ano, como persoas que durante os meses precedentes se queixan da súa precaria situación, da tremenda frustración cando non pura depresión, que ésta lles provoca, de súpeto, e por non sei que estraño misterio, semellan nadar na abundancia e se unen a voráxine de viaxes, gastos,l etc, etc.
Francamente, non entendo nada, ou poida que, sinxelamente, eu sexa moi torpe, porque teño que recoñecer que non son quen de facer tales milagres e que tampouco, nin pola mente se me pasa, penso que sexa de recibo empeñarme para non ser menos que os demais e demostrarlle ao mundo que, de todo canto fagan e gasten os outros, eu mais.
Tampouco teño ataques repentinos de amor hacia todo o meu entorno. Continúo querendo a quen estimo o resto do ano, e, a quen non, o respecto e punto, pero, desde logo na miña vida non hai milagres nin contos de fadas. Afirmar o contrario sería unha tremenda hipocresía.
Non hai moito que alguien me recriminou por manifestar unhas opinión coma esta e me tachou de incisiva. Pode ser, malia que non creo que sexa este o adxetivo mais axeitado. Eu creo que son realista, sen mais.
Por suposto que me gusta disfrutar da vida, pero teño claro que non é unha historia de película, ou en todo caso, non para tdos é a mesma película. Hai comedias, historias rosas, e verdadeiras traxedias.
Certo é que cada quen é moi libre de seleccionar a que máis lle apetece como tamén o é que non hai mais cego que o que non quere ver.
A vida, coma sempre, lles sorríe a algúns e lles resulta moi dura, demasiado, a outros, dos cales, hai quen o asume e tenta capear o temporal do mellor xeito posible, mentras que outros se obstinan en demostrarlle ao resto do mundo unha realidade edulcorada que o único que lles aporta é mais frustración e case sempre problemas engadidos, e esta, nos guste ou non, é unha realidade que está presente cada día, durante todo o ano…..mesmo en Decembro, por moito “sweet month” que sexa.

Marta Rodríguez Engroba,
Asociación Si, hai saída

0.1122350692749