Chus Veiga gaña o certame de fotografía da Pastoriza

TerraChaXa
16 Oct 2020

Chus Veiga coa fotografía O diario da vida foi a gañadora da segunda edición do concurso de fotografía Muller Rural da Pastoriza convocado por segundo ano consecutivo, co gallo do Día Internacional da Muller Rural, dende a Área de Muller e Igualdade do Concello da Pastoriza.
A imaxe recibiu 298 clics ao seu favor dos visitantes de facebook e foi a máis votada das 59 que se presentaron. Nesta ocasión enxálzase o labora da muller coidadora.
A organización explicou que esta iniciativa naceu "para visibilizar as mulleres da Pastoriza. Non se concibe como unha competición, senón que tratemos de ver en conxunto o que todas transmiten: coidados, amor, atención, agarimo, traballo, loita diaria... Que nos vexamos reflectidas nas fotos das nosas veciñas, amigas, primas, parentas, coñecidas... que nos recoñezamos e nos solidaricemos".

0.16358494758606