O club Cidade de Lugo organiza unha nova edición da regata máis antiga de Galicia

LugoXa | TerraChaXa
O Descenso Internacional Copa Miño, presente no calendario desde 1951, ten saída en Rábade e meta na ponte romana de Lugo
descenso-Internacional-Copa-Miño-piraguismo_lugo
Foto de arquivo
17 May 2024

O Club Piragüismo Cidade de Lugo organiza este sábado o Descenso Internacional Copa Miño. Trátase da regata máis antiga de Galicia, presente no calendario desde 1951, con saída en Rábade e meta na ponte romana de Lugo e cun percorrido de 17,5 quilómetros.

A proba está aberta a participantes de todas partes. As inscricións xa están abertas a través da web. É a segunda proba máis antiga das que se celebran en España, despois do Descenso Internacional do Sella. Desde os seus comezos esta cita deportiva espertou un gran interese entre a cidadanía lucense, de forma que contribuíu enormemente á difusión e popularización deste deporte na cidade.

Pódese afirmar que a Copa Miño foi a chama na que se coceron as distintas xeracións do piragüismo de Lugo e que en parte, grazas á tradición, afección e categoría desta proba, a cidade foi considerada durante décadas como un dos berces do piragüismo galego e nacional.

0.15969085693359