Clausuran en Muras o obradoiro de emprego Terras do Sor II

TerraChaXa
O Concello de Muras, Ourol e O Vicedo celebrou o acto de clausura do obradoiro de emprego Terras do Sor II.
67584511_2414561428781123_6489918776526503936_o
13 Aug 2019

O Concello de Muras, Ourol e O Vicedo celebrou o acto de clausura do obradoiro de emprego Terras do Sor II. Nel, durante nove meses, 20 homes e mulleres (6 no Vicedo, 4 en Ourol e 2 en Muras) dos tres concellos tiveron a posibilidade de formarse en asistencia sociosanitaria e carpintería e moble, conseguindo ao final o título que acredita a sua formación.

A especialidade de Traballos de carpintería e moble, na que traballaron 12 persoas, elaborou principalmente indicadores de toponimia así como bancos e outro mobiliario para centros sociais e locais de uso comunitario.

Actuaron na antiga escola da Balsa e na Casa do Concello de Muras, no centro social de Merille e no centro urbano de Ourol, así como nos centros sociais de San Román, Cabanas e Riobarba no Vicedo, entre outras instalacións.

Por outra banda, na especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais participaron 8 persoas (5 no concello do Vicedo e 3 en Ourol), que desenvolveron as súas funcións na Residencia de maiores Betania de Viveiro.

O grupo municipal do PSOE de Muras anunciou que na actualidade xa está pedido o obradoiro correspondente ao 2019/2020.

68893886_2907837005898052_7914302022629720064_o
0.19831109046936