Clausúrase a 53ª edición do Belén de Begonte

TerraChaXa
A xornada de clausura contou tamén cunha actuación musical do coro da asociación Músico Crisanto e coa entrega da distinción de socio de honra do Belén de Begonte a José Carlos Ulloa
Clausura-do-Belén-de-Begonte
2 Feb 2025

A 53ª edición do Belén de Begonte chegou ao seu fin con gran éxito de público e a entrega dos premios dos tradicionais concursos de poesía, xornalismo, debuxo infantil e pintura, que cada ano se organizan arredor deste destacado evento.

O Belén, que foi declarado de Interese Turístico de Galicia, estivo aberto ao público no centro cultural José Domínguez Guizán desde o 30 de novembro e conseguiu bater un novo récord de visitas, superando as 40.000 persoas.

Este ano, o Belén presentou como novidade a incorporación de figuras procedentes do belén que o sacerdote Edelmiro Ulloa instalaba no antigo Hospital Xeral, e que foron doadas a Begonte polo seu sobriño, o escritor Xosé Carlos Ulloa.

Na clausura do evento, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou o "excelente traballo" dos organizadores para manter unha tradición que “confirma o seu enorme poder de atracción ano tras ano”.

Arias subliñou que o Belén de Begonte é un "orgullo" para a localidade e para a provincia, un evento que, ademais de reflejar as tradicións galegas, non deixa de innovar e pasou de xeración en xeración ata converterse nun símbolo do municipio e nun referente do Nadal galego.

A xornada de clausura contou tamén cunha actuación musical do coro da asociación Músico Crisanto e coa entrega da distinción de socio de honra do Belén de Begonte a José Carlos Ulloa.

A mesma distinción será entregada ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, quen foi o último pregoeiro do nacemento.

0.13957691192627