Codesido, en Vilalba, estará de festa

TerraChaXa
A programación botará a andar o venres 11 coa tradicional churrascada gratuíta, que dará comezo ás 22. 00 horas
festas-codesido
9 Sep 2026

A parroquia de Codesido, en Vilalba, xa ten todo listo para recibir as súas grandes festas patronais na honra á Virxe dos Remedios, que se celebrarán ao longo da fin de semana dos días 11, 12 e 13.

A programación botará a andar o venres 11 cun dos momentos máis agardados da celebración, a tradicional churrascada gratuíta, que dará comezo ás 22. 00 horas. Tras o xantar popular, a música tomará o protagonismo da man do dúo D'Vicio, encargado de amenizar a primeira gran noite de verbena.

Os actos continuarán o sábado 12 coa celebración da misa solemne ás 13. 30 horas, á que seguirá a habitual procesión. Ao remate dos actos relixiosos, a orquestra Alianza porá o ritmo á sesión vermú. Xa pola noite, a festa prolongarase ata altas horas cunha gran verbena conxunta a cargo da propia orquestra Alianza e o dúo Charada.

O domingo, a xornada comezará de novo coa misa solemne e a procesión á mesma hora. De seguido, a comisión programou unha sesión vermú prolongada amenizada polo grupo Fénix, poñendo así o peche a tres días de convivencia e celebración na parroquia vilalbesa.

0.14391303062439