Cohempo abre as inscricións para a primeira Feira de Primavera e Mercado de Oportunidades

TerraChaXa
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 27 de abril
feira-primavera-cohempo
26 Apr 2026

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses, Cohempo, puxo en marcha por primeira vez a Feira de Primavera–Mercado de Oportunidades, un evento pensado para dinamizar o comercio local e dar visibilidade aos negocios da vila. A cita celebrarase os días 23 e 24 de maio na carpa instalada no Colexio Santa María.

A iniciativa está dirixida tanto a comercios asociados como a establecementos non asociados, que tamén poderán participar nesta feira destinada á venda de produtos e á promoción da actividade comercial das Pontes. Dende a organización destacan que o obxectivo é crear un espazo de encontro entre comerciantes e veciñanza, favorecendo o consumo local e ofrecendo novas oportunidades de negocio.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 27 de abril. As persoas interesadas poden descargar o formulario de inscrición na páxina web de Cohempo e remitilo cuberto ao correo electrónico da entidade.

Ademais da actividade comercial, a feira contará cunha programación complementaria para atraer público de todas as idades. Entre as propostas previstas figura unha festa da tortilla organizada da man da hostalaría local, así como un espazo infantil pensado para o desfrute dos máis pequenos.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa oficina de Cohempo a través do teléfono 694 446 724, do correo electrónico cohempo@cohempo.es ou da web oficial da asociación.

0.12505888938904