Cohempo organiza un seminario sobre motivación empresarial

TerraChaXa
Desde Cohempo, o colectivo empresarial pontés, e continuando coa liña das Xornadas de Motivación, organizarán o seminario Craves do éxito empresarial: optimismo, paixón, traballo duro e coñecementos, que impartirá  Emilio Durou.
seminario motivacion empresarial as pontes_portada
20 Nov 2023

Desde Cohempo, o colectivo empresarial pontés, e continuando coa liña das Xornadas de Motivación, organizarán o seminario Craves do éxito empresarial: optimismo, paixón, traballo duro e coñecementos, que impartirá  Emilio Durou.

Este seminario terá lugar o sábado 25 de novembro en horario de 15:00 a 21:00 horas no salón de actos do IES Catro da Uz.

Neste seminario, trataranse diversos temas como a adopción dunha actitude mental positiva, a superación de medos, as craves do rendemento, a realización de informe personalizado: mellor comunicación con clientes, xestionar equipos, como nos perciben os demais, coñecer as nosas fortalezas, etc.

Tamén traballarán para mellorar estes aspectos e dotarse das ferramentas adecuadas coas que conseguir unha actitude positiva e proactiva.

En primeiro lugar abríronse inscricións para os socios e, debido a que aínda hai algunha entrada, poucas xa que o aforo é moi limitado, teñen algunha entrada dispoñible para non asociados.

Todos os interesados en asistir poderán apuntarse por orde de inscrición no teléfono 694 446 724 ou a través do correo electrónico cohempo@cohempo.es.

seminario motivacion empresarial as pontes
0.16202306747437