Cohempo renova a xunta directiva

TerraChaXa
A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes, Cohempo, conta cunha nova presidenta, Montserrat Gastelu Fernandez, que releva a Jose Rodríguez no cargo.
17 Xul 2020

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de As Pontes, Cohempo, conta cunha nova presidenta, Montserrat Gastelu Fernandez, que releva a Jose Rodríguez no cargo.

O nomeamento realizouse na asemblea xeral electoral da asociación na que non so se nomeou a nova presidencia, senón que se renovou toda a xunta directiva, e que actualmente conta con 120 socios.

Ademais de Gastelu, estará David Docampo Rodríguez, de Marmorería Pontesa, como vicepresidente da asociación; María José Ramos Bouza, de Vilaboy Moda, como nova secretaria do colectivo, e Laura Rodríguez Román, do espazo infantil Picariños, exercerá como tesoureira.

Como vogais foron nomeados Pablo Paz Carreira, de Texas Moda Nova; Elbio Martínez Sorriba, da empresa de limpeza Ecovapor; Ana Belén Fresco Bellas, de Kaye Zapatería, e María Anidos Caaveiro, de Abnute Avogados.

0.1263439655304