Colectivos vilalbeses presentan as alegacións contra a implantación de Altri na Ulloa

TerraChaXa

Membros do Sindicato Labrego Galego, do Espazo Agroecolóxico A Estruga e da Asociación de Apicultura Serra da Carba fixeron entrega onte en Vilalba das alegacións pertinentes contra a instalación da fábrica de Altri na Ulloa.

alegacions altri vilalba
alegacions altri vilalba
18 abr 2024

Membros do Sindicato Labrego Galego, do Espazo Agroecolóxico A Estruga e da Asociación de Apicultura Serra da Carba fixeron entrega onte en Vilalba das alegacións pertinentes contra a instalación da fábrica de Altri na Ulloa.

Os colectivos vilalbeses únense á marea de protestas xurdidas desde colectivos de todo tipo encontra a instalación dunha celulosa no corazón de Galicia.

Políticos iniciaron tamén unha serie de mocións para presentar ante todos os organismos competentes para que non se dé o visto bo a esta empresa. Por outra banda, reclamaron tamén unha ampliación de 15 días do prazo de alegacións á este proxecto.