Comeza a funcionar en Outeiro de Rei o pago por estacionar en Santa Isabel

TerraChaXa | LugoXa
A partir desta fin de semana aplicarase unha taxa polo aparcamento no Campo de Santa Isabel só para aos vehículos que accedan ao espazo.
campa santa isabel outeiro de rei
10 Xul 2021

A partir desta fin de semana aplicarase unha taxa polo aparcamento no Campo de Santa Isabel de aplicación soamente aos vehículos que accedan ao espazo manténdose a gratuidade para as persoas que entren a pé a este espazo natural.

A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa por cada día de aparcamento ou fracción, establecéndose unha tarifa xeral de 10 euros. Haberá descontos especiais para persoas con mobilidade reducida, que terá un custe de 2 euros e de 30 euros para os veciños que queiran un abono de vixencia anual. Dito abono poderá abranguer a totalidade dos vehículos pertencentes á unidade familiar da persoa solicitante.

O pagamento das taxas poderá realizarse previa autoliquidación nas oficinas municipais do Concello de Outeiro de Rei en horario laboral ou aboando a correspondente taxa directamente ao persoal a tal fin habilitado cando estea presente no aparcadoiro do Campo de Santa Isabel. Os bonos (cota anual) necesariamente deberán ser tramitados nas oficinas municipais.

Estes cambios son froito da entrada en vigor da Ordenanza municipal reguladora do uso público de zonas verdes e áreas recreativas do Concello de Outeiro de Rei, ordenanza que tamén recolle limitacións encamiñadas á conservación e mantemento dos espazos naturais, entre elas, non se permitirá (salvo autorización municipal):

    • Lanzar en zonas verdes lixo, residuos, cascotes, pedras, papeis, plásticos, graxas ou produtos cáusticos ou fermentables, ou calquera outro elemento.
    • Tallar, apear, podar, arrincar ou partir árbores situadas en espazos públicos ou cortar as súas ramas.
    • Acender lume, calquera que sexa o motivo, en lugares que non estean habilitados para iso.
    • Os animais deberán ir conducidos por persoas e provistos de correa e transitarán polas zonas de paseo evitando causar molestias ás persoas, achegarse aos xogos infantís…; os seus condutores coidarán de que depositen os seus excrementos nos lugares apropiados e sempre afastados dos de localización de xogos infantís, zonas de nenos, etc. e serán responsables da súa posterior recollida.
0.071403980255127