Comeza o programa de Deshabituación Tabáquica en varios concellos da Terra Chá
Un ano máis o Servizo de Prevención aposta pola saúde da cidadanía a través do Programa de Deshabituación Tabáquica, coordinado polo Servizo de Prevención e dirixido pola Psicóloga da AECC de Lugo Roza Marina Zas Castro. O programa, que comezará o 22 de outubro, ofrece apoio terapéutico e diferentes vías de asesoramento ao longo de 7 sesións en semanas consecutivas e 3 a maiores de recordo para alcanzar e consolidar o obxectivo común: abandonar a súa adición ó tabaco.
Este logro persoal maniféstase xa no día a día dos ex-fumadores de terapias anteriores, nos que a mellora na calidade de vida, na superación persoal e no manexo emocional é unha realidade.
Os interesados en recibir máis información deberán dirixirse á Coordinadora do Servizo de Prevención Beatriz Traveso, á web www.prevenciondedrogas.es , a través do correo electrónico prevenciondrogas@rabade.org ou por contacto telefónico:
- Luns - Concello de Outeiro de Rei - 982.393.281
- Martes - Concello de Friol - 982.375.001
- Mércores - Concello de Begonte - 982.396.012
- Xoves - Concello de Castro de Rei - 982.314.034
- Venres - Concello de Rábade - 982.390.062
O lugar, horario e número de grupos de cada actividade fixarase en función das inscricións recibidas en cada concello da agrupación.