Comeza o programa de Nadal en Xove con dúas obras de teatro

TerraChaXa | AMariñaXa
18 Dec 2020

Esta fin de semana comezan as actividades do Nadal no Concello de Xove con dúas actividades de teatro, ambas as dúas patrocinadas pola Deputación Provincial de Lugo. Estas obras vanse desenvolverse no salón de actos do Centro Cívico, que segundo o protocolo covid-19, ten un aforo máximo de 48 persoas: 30 no patio de butacas e 18 no anfiteatro.

Para asistir a estas dúas obras o Concello abriu unha reserva anticipada, onde aínda quedan localidades libres.

Dado que a entrada do público ao salón vaise facer de maneira individual ou por conviventes no mesmo domicilio, e isto pode retrasar un pouco o inicio da obra, abrirase o acceso uns 15 minutos antes do comezo das sesións, as cales están previstas para as 18:00 horas.

A entrada a estes espectáculos teatrais como o resto das actividades do Programa de Nadal é de carácter totalmente gratíto.

As dúas actividades previstas para este fin de semana, comezan cunha sesión de teatro de monicreques para un público familiar a partir de 3 anos. Trátase da obra O Vixiante dos soños, dentro do ciclo Muidos seráns de Ubú Teatro, que poderá verse o sábado.

Sonólicus quere chegar á lúa desde pequeño. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.

A segunda obra, será o domingo a cargo de curuxán Teatro Impro coa obra Impro.

Esta é unha aposta pola improvisación, cómica en parte, pero cun toque dramático. Non se segue un guión e o espectador ten un papel protagonista na creación das tramas que xurden. Deste xeito, a improvisación convértese nun formato idóneo para captar a un público que habitualmente non consume teatro convencional. Con este formato, nunca dúas actuacións son iguais, polo que o efecto sorpresa está garantido e o rumbo de cada trama sempre é unha incerteza.

0.18273305892944