Comeza o programa Guitiriz en ruta cunha primeira andaina

TerraChaXa
O primeiro itinerario, bautizado como ‘Coñecendo as nosas pertenzas’ terá lugar o próximo domingo, 19 de decembro.
guitiriz en ruta portada
guitiriz en ruta portada
17 dic 2021

O primeiro itinerario, bautizado como ‘Coñecendo as nosas pertenzas’ terá lugar o próximo domingo, 19 de decembro. O prazo para anotarse remata hoxe, venres 17 de decembro.

Xa está aquí a primeira andaina de sendeirismo da tempada 2021/22, dentro do programa Guitiriz en Ruta. A actividade, baixo o título  Coñecendo as nosas pertenzas, terá lugar o próximo domingo 19 de decembro.

Comezará ás 10:00 horas saíndo do CIT de Parga. A ruta ambiental estará guiada por Minerva Varela Sáa, do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza e impulsora do proxecto Aventúrate na Natureza. Os participantes percorrerán a Ruta da Auga ata San Alberte e volverán polo Camiño Norte ata Parga de novo.

Durante a xornada servirase café e torta de millo.  A andaina, de dificultade baixa, está aberta ao público en xeral. Para poder acudir é necesario anotarse antes do venres 17 de decembro no Concello chamando ao 98237 01 09.

Dentro do proxecto Guitiriz en Ruta haberá unha andaina cada mes. Esta é a primeira do mes de decembro, e logo haberá unha mensual ata maio de 2022. As datas son as seguintes:

  • Domingo 30 de xaneiro
  • Domingo 20 de febreiro
  • Domingo 27 de marzo
  • Domingo 24 de abril
  • Domingo 29 de maio
guitiriz en ruta