Comeza o repintado da estrada que une Rábade e Vilalba

TerraChaXa | LugoXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a acometer o repintado íntegro da sinalización horizontal na estrada LU-541.
obras estradas
6 Jul 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a acometer o repintado íntegro da sinalización horizontal na estrada LU-541 co fin de reforzar a seguridade na circulación por esta vía, que conecta os concellos de Rábade e Vilalba.

Os traballos comezaron o pasado mércores e está previsto que queden completados esta semana. A Xunta inviste 44.300 euros para actuar nos 17,2 quilómetros da estrada, con cargo ao contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da zona norte da provincia.

A sinalización horizontal foi renovada por completo, tanto as liñas de separación de carrís como os símbolos pintados na calzada, tales como os de ceda o paso ou as frechas de retorno.

A LU-541 é unha estrada con moito tránsito, pois dá servizo aos veciños de Vilalba, Begonte e Rábade, ademais de ser probablemente a vía máis empregada polos veciños de Vilalba nos seus desprazamentos ata a capital da provincia, xa que en Rábade conecta coa A-6.

0.16669201850891