Arrancan as esperadas obras da ponte da Ribeira, en Samarugo

TerraChaXa
Foi necesario agardar á baixada do caudal debido a que, para a execución da obra, cómpre desviar a auga e
obras-ponte-ribeira-samarugo
11 sep 2024

O tenente de alcalde e responsable de infraestruturas rurais, Modesto Renda, anunciou o inicio das obras de reconstrución da Ponte da Ribeira, que conecta as parroquias de Samarugo e San Simón.

Unha nova moi agardada pola veciñanza desta zona de Vilalba, que chega logo de que o Concello recibira da Confederación Hidrográfica - Miño Sil e da Dirección Xeral de Patrimonio as necesarias autorizacións sectoriais para dar inicio ás obras.

Ademais, e de acordo cos criterios técnicos da dirección da obra, foi necesario agardar á baixada do caudal debido a que, para a execución da obra, cómpre desviar a auga e o nivel do río non era o máis óptimo para a realización dos traballos.

“Dende o día 1 da lexislatura, tivemos claro que a obra era prioritaria e actuamos en consecuencia axilizando os trámites todo canto nolo permitiron os tempos da administración e a propia climatoloxía” explicou Renda.

Esta obra conta cun prazo máximo dun mes de execución e o obxecto da mesma é darlle solución permanente á actual situación de risco.

0.095018148422241