Comezan as obras de rehabilitación do CPI de Friol

LugoXa | TerraChaXa
Unha das actuacións que levarán a cabo será a mellora de eficiencia enerxética
obras-cpi-doutor-lopez-suarez-friol
11 sep 2024

A Consellería de Educación acaba de iniciar as obras do proxecto de rehabilitación e illamento dun dos edificios do Centro Público Integrado Dr. López Suárez de Friol.

A empresa adxudicataria do proxecto trátase de Illamentos Hondigo S.L, a execución das obras está previsto que finalicen no mes de novembro.

Unha das actuacións que levarán a cabo será a mellora de eficiencia enerxética mediante substitución de xanelas, illamento das fachadas con sistema de illamento térmico polo exterior e substitución de luminarias por equipos LED.

O alcalde destacou a importancia deste proxecto, "dado que era a parte do único edificio que quedase sen rehabilitar no anterior proxecto executado pola Xunta fai uns catro anos, onde a través da Consellería de Educación investíu case un millón de euros".

"Satisfeito e agradecido á Xunta de Galicia pola sensibilidade que ten sempre coas demandas do Concello de Friol, dado que a rehabilitación desta fachada era unha necesidade evidente e que beneficiará dunha maneira moi importante ao colexio público de Friol e por suposto aos nenos e nenas que se forman e realizan labores educativas nas devanditas instalacións", conclúe o mandatario.

0.18375992774963