Comezan as obras viais en tres barrios de Vilapedre

TerraChaXa
O Concello de Vilalba segue investindo nas parroquias.
obras barrios vilapedre
25 Abr 2024

O Concello de Vilalba segue investindo nas parroquias. O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, informou hoxe do remate das obras de renovación e mellora da vía que une os barrios da Bouza, a Sarela e o Carballal, na parroquia de Vilapedre.

Os traballos de rexeneración realizados ao longo da pasada semana foron financiados ao 100% con fondos municipais e o custo total desta nova actuación foi de 39.760 euros.

Renda contrastou o resultado coa veciñanza de ámbolos tres barrios e volveu facer fincapé na necesidade de dar cumprida resposta ás demandas das parroquias como obxectivo irrenunciable do Goberno Municipal.

0.096138954162598