Comezan as Xornadas de Exaltación do Queixo e do Mel de Goente

TerraChaXa
As Pontes acolle as Xornadas de exaltación do Queixo e Mel de Goente o 10 e 11 de outubro.
37f32499 b55c 4058 be2e b58400dbd9b5
7 Out 2020

As Pontes acolle as Xornadas de exaltación do Queixo e Mel de Goente o 10 e 11 de outubro.

Na xornada do sábado 10 ás 10.30 horas terá lugar unha charla sobre Cría de raiñas para mater in fondo xenético. Ás 15.30 horas haberá outra sobre o Control da vespa velutina, ambas estarán a cargo de Koldo Belasko, apicultor vasco profesional. Xa ás 18 horas farase a entrega dos premios do concurso de cata Casa do Mel.

O domingo 11 ás 11 horas a aula de produtos lácteos e tecnoloxía alimentaria-USC fará un coloquio sobre a Situación do sector lácteo e servizos que ofrece a APLATA. E por último ás 12.30 horas será a cata de queixos DOP galegas, que contará cun aforo de 50 persoas.

Estas charlas enmárcanse dentros das Xornadas Apícolas do Eume, que se celebrarán do 7 ao 10 de outubro.

Estas xornadas apícolas contarán con actividades como unha cata de meles (e diploma de recoñecemento aos mellores, nas categorías claro e escuro), charlas sobre a importancia do castiñeiro como especie melífera e ademais a asemblea xeral da asociación Casa do Mel.

2880px PedregalIrimia2
0.1125500202179