Comezan os traballos de rehabilitación da rúa San Xoán das Pontes

TerraChaXa
As obras de rehabilitación da rúa San Xoán, situada no centro histórico das Pontes, financiadas pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS 2017) e que suporán un investimento de 218.
rua san xoan as pontes
rua san xoan as pontes
1 Abr 2019

As obras de rehabilitación da rúa San Xoán, situada no centro histórico das Pontes, financiadas pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS 2017) e que suporán un investimento de 218.576 euros, comezarán o vindeiro luns.

As obras empezarán no extremo da rúa máis próximo ao río Eume e durante todo o tempo de execución das mesmas o viario estará pechado ao tráfico rodado, acometéndose en primeiro lugar a renovación da actual rede de de saneamento, a través da execución dunha rede unitaria en PVC cos correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros e a substitución das canalizacións da iluminación pública e baixa tensión.

A continuación procederase á renovación da rede de abastecemento coa instalación dunha nova canalización e de todos os elementos (válvulas, arquetas, bocas de rega) e as acometidas domiciliarias precisas para o óptimo funcionamento do novo servizo público.

Unha vez instaladas as diferentes redes de servizos, procederase á reposición do pavimento da rúa, tanto da calzada como das beirarrúas. Deste xeito, a actual base de soleira de formigón será substituída por laxa de granito, no caso do viario, e por lastras do mesmo material nas beirarrúas.

Todos estes traballos permitirán a reforma integral da rúa, seguindo os mesmos criterios estruturais e estéticos aplicados na recuperación da Vila, tanto na rúa Real, como no Calexón do Trigo ou a rúa Perfolla, facendo posible que o goberno local continúe coa súa aposta pola conservación, protección do patrimonio e a revitalización do conxunto histórico pontés.

Esta actuación, xunto coas xa levadas a cabo e sumadas á rehabilitación do edificio situado no número 3 da rúa de Igrexa e a apertura, o sábado 30 de marzo, da nova sede do Museo Etnográfico Monte Caxado, edificio recuperado polo Concello das Pontes, transformará ao barrio da Vila nun novo foco de interese histórico, cultural e turístico, recuperando o seu protagonismo no municipio.

0.11529397964478