Comezaron as reunións en Vilalba para informar do novo contrato da recollida de residuos

Deron comezo en Vilalba as reunións nas parroquias para informar dos cambios e novidades do novo contrato de recollida de residuos.
A alcaldesa, Marta Rouco, desprazouse ata as localidades de Lanzós e Goiriz acompañada polos concelleiros Eduardo Vidal e Paula Vigo e o delegado de zona da nova empresa adxudicataria do contrato.
Na xuntanza, Rouco quixo agradecer "o interese dos nosos veciños e veciñas e as súas achegas e propostas que son clave para que as melloras dean o resultado máis óptimo posible".
Ademais, tal e como se informou aos asistentes das reunións, o Concello e a nova empresa responsable do contrato levarán a cabo unha campaña informativa mediante a cal farán chegar aos domicilios folletos cos detalles máis salientables do novo contrato.
Esta semana continuarán as xuntanzas en Sancovade, Noche, Román, Carballido, Santaballa e Codesido.