Comprar no comercio local ten premio en Meira e Pastoriza

TerraChaXa
Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas do 15 ao 30 de xuño
merca-no-comercio-local-pastoriza-meira
12 Jun 2026

A campaña Merca no teu comercio arranca en Meira e Pastoriza. Entre o 15 e o 30 de xuño terá lugar esta iniciativa publicitaria/promocional da Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia; en colaboración neste caso coa Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira.

O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e 114 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos comercios de proximidade, e dinamizar o sector. Na provincia de Lugo celebraranse 10 actuacións, englobando 31 localidades ata o mes de outubro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios.

Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas de Meira e Pastoriza, nas datas da campaña (do 15 ao 30 de xuño de 2026). Deben facelo rexistrando directamente a súa compra na web da localidade correspondente (mercanoteucomercio.com/meira; mercanoteucomercio.com/pastoriza) a través de calquer dispositivo electrónico: móbil, tablet ou ordenador. A participación pode ser rexistrada tamén polo comerciante, se o desexa, a través da mesma plataforma, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

Entre os participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos comercios de proximidade das respectivas localidades. O sorteo realizarase o 1 de xullo, e o martes, 7 de xullo, terá lugar a entrega dos premios aos afortunados no Paseo Central da Praza Maior de Meira.

0.11346197128296