Concello de Xermade e Xunta unen esforzos para mellorar infraestruturas e servizos

TerraChaXa
O delegado territorial de Lugo analizou co alcalde, Roberto García, algúns dos últimos investimentos realizados polo Goberno galego así como proxectos de futuro para o municipio
concello-de-xermade-y-xunta
14 Sep 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo hoxe un encontro institucional co alcalde de Xermade, Roberto García, no que avaliaron algúns dos últimos investimentos realizados polo Goberno galego no municipio e posibles liñas de colaboración para o futuro.

Villares destacou “a necesaria cooperación entre Administracións para levar adiante proxectos en beneficio da veciñanza”. Ao respecto, referiuse aos 151.000 euros concedidos para acondicionar camiños rurais no concello entre os anos 2025 e 2027, “infraestruturas que son básicas para mellorar as condicións de vida e de traballo e contribuír ao aumento da competitividade agraria e forestal”.

Entre os proxectos máis recentes figura o incremento da eficiencia enerxética da Casa Consistorial financiado a través da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, que suma este ano unha achega autonómica de case 60.000 euros.

No ámbito do servizos sociais, Villares subliñou que, grazas ao acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Xunta investirá un total de 2,3 millóns de euros nesta lexislatura no financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Así mesmo, sostén unha Casa Niño e sufraga arredor de 60 Bonos de Coidado no Fogar no municipio cun orzamento de 290.000 euros, entre outras accións.

0.14143800735474