Concello e Deputación traballan na Casa da Botica tras un novo derrubamento

TerraChaXa
Concello e Deputación traballan na Casa da Botica tras un novo derrubamento. Nas últimas horas caeu a medianeira
ceramica bonxe
23 Xan 2021

A Deputación de Lugo, en base ás avaliacións e os informes dos técnicos provinciais e da empresa adxudicataria das obras da residencia de Guitiriz, tomará de inmediato novas medidas para reforzar a seguridade estrutural da Casa da Botica. O derrubamento parcial do alzado dereito da fachada principal ocorrido o 10 de xaneiro e a caída da medianeira sufrida nas últimas horas, producidos en ambos casos tras temporais de chuvia e vento, debilitou as paredes do inmoble, o que fai necesario, segundo as indicacións dos técnicos, novas medidas de reforzo estrutural.
“A nosa máxima prioridade é garantir a seguridade para evitar maiores danos no edificio e o perigo que estes puideran supoñer”, subliñou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, quen avanzou que, coma sempre, “defenderemos os intereses públicos da institución provincial polas vías que sexan necesarias, esixindo responsabilidades no seu caso en torno á execución do proxecto”.
Hoxe mesmo comezaron a adoptarse novas medidas. Xa se ampliou a zona de seguridade e se reforzou o acordonamento da contorna do edificio, e a dirección de obra determinou a necesidade de derrubar a primeira e a segunda planta do inmoble para garantir a súa seguridade estrutural, actuación á que se procederá nos vindeiros días e que esixirá posteriormente a súa reconstrución orixinal.
Desde primeira hora, o Concello cortou parte de beirarrúa afectada e habilitou un paso seguro para que os viandantes puidesen transitar sen perigo algún.

0.17024302482605