Concello e Diputación firman o convenio que permitirá rematar o CAM de Guitiriz na Casa da Botica

No que ten que ver coas residencias da Deputación, a voceira do Goberno provincial, Pilar García Porto, sinalou tamén que esta mesma mañá Carmela López, presidenta da Deputación de Lugo, e Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz, asinaron o novo convenio de colaboración para financiar as obras necesarias para completar o Centro de Atención a Maiores da Casa da Botica.
O acordo prevé unha achega provincial de 3.137.597,68€ e unha achega municipal de 115.016,74 euros, o que eleva o total do investimento a 3.252.614,42 euros.
Este centro guitiricense contará con 46 prazas residenciais e dúas prazas de enfermería e as obras combinan a rehabilitación do edificio histórico da Casa da Botiva coa construción dun segundo inmoble.
Informou a deputada que o Concello xa concedeu a prórroga da licenza municipal e que entre os trámites pendentes para avanzar cara ao inicio das obras figuran a aprobación do plan de seguridade e saúde, a apertura do centro de traballo por parte de Tragsa e a sinatura da acta de replanteo.