Confirmada unha nova edición do Máster Nacional de Futbolín de Rábade

TerraChaXa | LugoXa
Confirmada unha nova edición do Máster Nacional de Futbolín de Rábade. Será os días 14, 15 e 16 de abril coincidindo coa Semana Santa
1 Rabade Master futbolin 20221
4 Mar 2022

Confirmada unha nova edición do Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que neste ano chega a viséximo terceira edición e celebrarase nas datas previstas para o mes de abril, concretamente o 14, 15 e 16, coincidindo, como é tradición, coa festividade da Semana Santa.

No torneo, que reparte uns 10.000 euros en premios, e participarán previsiblemente máis de 300 parellas e as incripcións custarán 25 euros por persoa, e pecharán o día 13 ás 14.00 horas.

Como en anteriores edicións, haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis e xogarase no pavillón do colexio, e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.

O Gran Máster Nacional de Futbolín repartirá un total de 10.000 euros en premios. Os de movemento e en parado estarán dotados cun premio de 1.200 euros e trofeo. O resto de premios, ata un total de 28, oscilarán entre os 700 e os 25 euros.

Ademais os trofeos serán diferentes xa que se elaboran para cada torneo e terán un deseño exclusivo e orixinal.

Tamén contarán co trofeo Alejandro Finisterre, para o xogador máis regular, o trofeo Concellería de Deportes para o mellor xogador, o trofeo Concello de Rábade para á mellor xogadora e o trofeo David García, para o mellor porteiro.

O mércores 13 de abril darase o pistoletazo de saída coa presentación do evento ás 12.00 horas e o sorteo de equipos ás 15.00 horas. E as competicións iniciaranse o xoves 14 a partir das 17.30 horas coa modalidade parellas cegas.

O venres 15 será o día adicado ás modalidades en parado e feminina e darán comezo ás 11.00 horas e ás 16.00 respectivamente.

O sábado 16 ás 10.00 horas será a quenda da de movemento e as finais xogaranse a partir das 21.00 horas para poder entregar os trofeos ás 23.00 horas.

0.16901898384094