Constantino Alvite encabezará a candidatura do BNG en Vilalba

TerraChaXa
O BNG en Vilalba elixiu por unanimidade na asemblea local quen será o candidato á alcaldía do concello de Vilalba, Constantino Alvite.
constantino alvite candidato bng eleccions vilalba
constantino alvite candidato bng eleccions vilalba
26 feb 2023

O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba elixiu por unanimidade na asemblea local quen será o candidato á alcaldía do concello de Vilalba nas vindeiras eleccións municipais de maio, Constantino Alvite.

“Estou moi orgulloso de que as compañeiras e compañeiros decidiran en min para encabezar o proxecto do BNG en Vilalba, o que asumo con ilusión e gañas de traballar para recuperar a nosa presenza no concello e aplicar un proxecto claro para avanzar” dixo Constantino Alvite.

A candidato do BNG á alcaldía de Vilalba destacou que o BNG vai saír a por todas para liderar un proxecto que mellore e avance Vilalba “conformamos unha equipa que ten toda a confianza sobre as capacidades deste concello e da súa veciñanza, estamos convencidas en que imos poder desenvolvelo para que Vilalba dea pasos adiante, e sempre co compromiso de defender os dereitos da veciñanza”

Neste senso, Constantino Alvite subliñou “desde o BNG pensamos que a política hai que facela coa man tendida e con diálogo, cousa que até agora non se produciu en Vilalba, por isto, os eixos do Bloque fíxanse en construír un concello para as persoas desde a boa xestión, a mellora dos servizos á veciñanza e o apoio aos produtores e comerciantes locais; todo isto contribuirá ao desenvolvemento do noso potencial”.