Constrúen un pozo no CEIP Terra Chá para paliar os problemas do subministro de auga
A Xunta de Galicia está a construír un pozo de abastecemento de auga no centro educativo CEIP Terra Chá de Vilalba.
Trátase dunha construción de pozo duns 200 metros de profundidade (4 veces máis que os dous actuais que ten o centro), bomba de auga e canalización de auga ata o centro educativo. O pozo está a facerse dentro do rencinto escolar.
Esta nova instalación faise para intentar paliar os problemas de subministro de auga. Segundo indican dende o centro, "aínda que o abastecemento de auga non é competencia da Consellería de Educación, senón do Concello, a Xunta decide actuar, debido a problemática que ven arrastrando o centro educativo de anos anteriores, e debido a que o Concello limítase a poñer parches á problemática, como a instalación dunha bomba nova o pasado mes nun dos pozos".
Explican que neste último arranxo o pozo aos poucos días non volveu abastecer de auga. "Ante esta situación, a Consellería de Educación, Xefatura Territorial e dirección do centro educativo, decinden atanxar o problema de raíz, para logar o total benestar do alumnado do centro educativo, e que os membros da comunidade educativa non teñan que sufrir máis problemas deste tipo, protocolos de actuación de emerxencia entre outros, dando así un servizo de abastecemento da mesma calidade que en calquer outro centro educativo, garantindo así a igualdade de oportunidades tanto do ensino rural como urbano", conclúen.