Continúa en Castro de Rei o segundo Certame de Teatro Afeccionado

TerraChaXa | LugoXa
Debido ao éxito do pasado ano, Os Baluros celebra en Castro de Rei o segundo Certame de Teatro Afeccionado que arrancou o sábado 29.
certame teatro afeccionado castro portada
certame teatro afeccionado castro portada
11 Ago 2023

Debido ao éxito do pasado ano, Os Baluros celebra en Castro de Rei o segundo Certame de Teatro Afeccionado que arrancou o sábado 29. As representacións teñen lugar os sábados ás 21.00 horas no centro cultural Xosé Manuel Carballo.

O certame deu comenzo cunha presentación, ás 20.30 horas, a cargo de Os Baluros, para continuar coa representación de O Muro, a cargo de grupo de teatro Trípode de Alfoz. As representacións continuaron o día 5 de agosto con ODT-TIVE, do grupo de teatro O Torques, de Burela; e o 12 será a vez de Para o amor nunca é tarde, do grupo de teatro da asociación Abrente das Nogais.

Rematarán o ciclo o 19 de agosto coa obra Ao carón das palabras, de Metátese Teatro.

En todas as representacións a entrada será libre ata completar o aforo.

certame teatro afeccionado castro
0.18175411224365