Continúa o ciclo Mestre Mateo en Meira coa proxección de 'A viaxe de Lucy'

TerraChaXa
Terá lugar na casa da cultura este domingo, ás 21.30 horas
a-viaxe-de-lucy
18 Out 2024

A Asociación cultural M de Meira, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Meira, organiza a proxección da película documental A viaxe de Lucy, de Ruth Chao, continuando así co Ciclo Mestre Mateo que brindará a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.

A proxección terá lugar na casa da cultura de Meira este domingo 20 de outubro, ás 21.30 horas.

SINOPSE

Un achegamento sen precedentes á trastenda dunha apaixonante misión espacial da NASA a través dos ollos de Hal, Cathy, Donya e Matt, catro brillantes mentes que axudarán a derribar os clichés de científicos a través da súa intimidade, e cun toque de humor, así como inspirar ás novas xeracións a perseguir calquera soño por tolo que sexa, xa que, quen sabe se poderían acabar converténdose nos líderes dunha importante misión da NASA coma eles.

0.15583610534668