Continúa o domingo ciclo Mestre Mateo en Meira coa proxección de 'Salta!'

TerraChaXa
Esta terá lugar na casa da cultura, ás 21.30 horas
fatum-mestre-mateo
2 Nov 2024

A Asociación cultural M de Meira, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Meira, organiza a proxección da película Salta!, continuando así co Ciclo Mestre Mateo que brindará a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.

A proxección terá lugar na casa da cultura de Meira este domingo 3 de novembro, ás 21.30 horas.

SINOPSE

Óscar e Teo (13 e 10 anos) son dous irmáns, moi distintos entre si, que viven nun modesto piso de barrio en xullo de 1989. Teo é futboleiro e un pouco fervellasverzas, Óscar un sabichón que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade. En realidade, cada un lidia á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme.

0.16404795646667