Continúa o programa de teatro afeccionado

TerraChaXa | AMariñaXa
Arrincou o Circuíto de Teatro Afeccionado, que programa máis de corenta actuacións pola xeografía da provincia ata final de ano.
3 Dec 2020

Arrincou o Circuíto de Teatro Afeccionado, que programa máis de corenta actuacións pola xeografía da provincia ata final de ano.

Quince compañías participan nesta iniciativa que dá pulo ao teatro amador nun ano condicionado pola incidencia da crise sanitaria nas programacións culturais, especialmente no ámbito das artes escénicas. Alentía Teatro, Nova Escena Teatro, Os Palimoquiños, Curuxán Teatro Impro, Hipócrita Teatro, Os Baluros, Os Trocos, A Adala, A Mariña, Asociación Cultural Abrente, Grupo de Teatro Viraventos, Teatreiras, Lume Escénico, O Torques Metátase Teatro e Pico do Castro representarán os seus espectáculos nunha vintena de municipios.

A programación, organizada en colaboración cos concellos e coas asociacións culturais que facilitan os espazos para as representacións, inclúe pezas para todos os públicos e con distintos rexistros, desde o drama ata a comedia.

O Circuíto de Teatro Afeccionado artellouse neste 2020 para dar continuidade á actividade do Buxiganga, unha convocatoria que non puido repetirse este ano polas dificultades que a situación sanitaria creaba á hora de concretar datas e horarios coa antelación que requería o procedemento habitual.

Actuacións

Sábado 5 de decembro

  • Local da Asociación Nas Negradas do Vicedo ás 17.00 horas, O Randiña
  • Centro Social De Vilaronte – Teleclub de Foz ás 20.00 horas, As Fillas de Eva

Domingo 6 de decembro

  • Casa da cultura de Alfoz ás 19.00 horas, Improvincia

Sábado 12 de decembro

  • Centro sociocultural de Riotorto ás 21.00 horas, Cousas de bares
  • Casa da cultura do Vicedo ás 20.00 horas, O Terapeuta
  • Teatro de Ribadeo ás 17.30 horas, Borraliña

Venres 18 de decembro

  • Casa da cultura de Alfoz ás 20.00 horas, Menciñeiro á forza

Sábado 19 de decembro

  • Centro sociocultural Manuel Lourenzo do Valadouro ás 19.00 horas, O aeroporto da valiña
  • Casa da cultura de Burela ás 20.30 horas, O Randiña
  • Centro sociocultural de Riotorto ás 21.00 horas, Por un puñado de grelos

Domingo 20 de decembro

  • Casa da cultura do Vicedo ás 19.00 horas, Cousas de bares
  • Centro Cívico de Xove ás 19.00 horas, Improvincia

Sábado 26 de decembro

  • Centro sociocultural Manuel Lourenzo do Valadouro ás 19.00 horas, Por un puñado de grelos

Domingo 27 de decembro

  • Centro Cívico de Xove ás 19.00 horas, O Terapeuta

Consulta a programación completa neste enlace.

0.18201398849487