Continúan a bo ritmo as obras da área de lecer e deportiva de Pol

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Continúan ultimando as obras da área de lecer e deportiva que se está a rematar na zona inmediata ao colexio.
2 ene 2023

Continúan ultimando as obras da área de lecer e deportiva que se está a rematar na zona inmediata ao colexio.

O proxecto, impulsado polo Concello de Pol, consistiu na construción dunha nova área de lecer e deportiva en Mosteiro nun terreo de preto de 40.000 m². As instalacións inclúen unha área de xogos e un campo de fútbol de herba natural.

A zona de xogos consta de pistas de billarda, bolos, petanca, chave, pista cuberta de pádel, xogos de mesa e unha tirolina.

O campo de fútbol ten unhas dimensións de 105×68 metros de terreo de xogo, máis de 1,5 metros de bandas nos laterais e 2,5 metros nos fondos e se están agora a rematar as obras de construción das gradas.

Trátase dunha nova dotación que permitirá dinamizar a vida social, deportiva e económica deste municipio ao concentrar diferentes pistas e outras instalacións para as diferentes prácticas deportivas.

Este novo espazo pode servir para xuntar ademais xeracións de mozos e maiores, incentivando así a convivencia e a creación de comunidade. Con esta dotación, dase un impulso aos xogos tradicionais, unha promesa do Concello coa veciñanza.