Continúan a bo ritmo as obras de construción do parque eólico da Pastoriza

TerraChaXa
Segundo precisaron os responsables da empresa Norvento, marchan a bo ritmo as obras de construción do nov parque eólico Pastoriza, que se estende polos concellos lugueses da Pastoriza, Mondoñedo e Riotorto.
eolico pastoriza
10 Mar 2019

Segundo precisaron os responsables da empresa Norvento, marchan a bo ritmo as obras de construción do nov parque eólico Pastoriza, que se estende polos concellos lugueses da Pastoriza, Mondoñedo e Riotorto.

Esta infraestrutura, na que a empresa galega Norvento inviste preto de 30 millóns de euros, contará cunha potencia de 36MW, e permite a creación ou mantemento de preto de 430 postos de traballo na fase de construción e 7 na de explotación. Ademais, suporá unha importante fonte de ingresos para os concellos beneficiados, tanto a través dos impostos municipais como do canon eólico.

Segundo os datos que manexa a Xunta, do total de 16 parques eólicos que se están a construír nestes momentos en Galicia, 12 corresponden a Lugo, onde se están a investir máis de 330 millóns de euros. Estas actuacións, ademais, permiten crear ou manter preto de 4.800 empregos na fase de construción e 64 na fase de mantemento.

A posta en marcha da nova Lei de implantación empresarial está contribuíndo á dinamización do sector eólico, que supón unha oportunidade para avanzar no desenvolvemento de proxectos vinculados coas enerxías renovables e, de xeito particular, coa eólica. A nova Lei ofrece unha regulación máis áxil e máis transparencia e seguridade, sen perder as máximas garantías urbanísticas, técnicas e ambientais.

0.11032295227051