Continúan abertas as inscricións para a VIII Nocturna San Ramón de Vilalba que se celebrará o o 22 de agosto

TerraChaXa
A competición incluirá probas para as categorías de menores, desde pitufos ata sub-16, así como carreiras para as categorías xuvenil, sénior e veteráns A, B e C
presentacion-nocturna-san-ramon
25 Jul 2026

A Praza da Constitución de Vilalba acollerá o vindeiro 22 de agosto, a partir das 20.00 horas, a VIII Nocturna San Ramón, unha nova cita do circuíto de carreiras populares Terra Chá Challenge. A proba está organizada no marco das actividades deportivas das festas de San Ramón e contará con percorridos adaptados ás diferentes categorías de idade.

A competición incluirá probas para as categorías de menores, desde pitufos ata sub-16, así como carreiras para as categorías xuvenil, sénior e veteráns A, B e C. Ademais, celebrarase a proba dos tres primeiros vilalbeses, na que se recoñecerá aos mellores corredores locais.

A organización entregará trofeos e premios nas distintas categorías. No caso da categoría absoluta, os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo e produtos locais. Tamén haberá premios especiais para os equipos mixtos, con trofeos e recompensas económicas para os tres primeiros clasificados.

As inscricións permanecerán abertas ata o 20 de agosto e deberán formalizarse a través da plataforma Terra Challenge. A carreira está promovida pola Xunta de Galicia, a Unión Europea, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o GDR Terra Chá, que impulsan esta iniciativa deportiva integrada no calendario de carreiras populares da comarca.

0.1295211315155