Continúan as reunións de Educando en Familia nos concellos chairegos
O programa Educando en Familia, que será impartido polas orientadoras do anterior Preescolar na Casa, continúa organizando as primeiras reunións informativas nos concellos onde ten actividade na Terra Chá.
Así, á reunión de hoxe en Xermade, uniranse tamén mañá Guitiriz, ás 11.00 horas na Casa Habanera; Riotorto, ás 15.00 nas casa da cultura, e Begonte, ás 16.30 horas tamén na casa da cultura.
O mércores continuarán en Castro de Rei, ás 11.30 horas na antiga biblioteca de Castro e en Outeiro de Rei, ás 17.00 no centro sociocultural.
Este programa educativo vai dirixido ás familias con nenos e nenas que teñan entre 0 e 3 anos de idade ecudan ou non a outros centros educativos. O obxetivo do mesmo é contribuír á formación das familias e axudar a desenvovler plenamente as capacidades dos nenos a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educatica familiar.