Controlado un incendio forestal que afecta a unhas 20 hectáreas en Vilapedre

TerraChaXa
Un minuto antes das nove e media desta mañá quedaba controlado un incendio no concello de Vilalba, na parroquia de Vilapedre, que segundo as primeiras estimacións afecta a unhas 20 hectáreas.
14 Ago 2017

Un minuto antes das nove e media desta mañá quedaba controlado un incendio no concello de Vilalba, na parroquia de Vilapedre, que segundo as primeiras estimacións afecta a unhas 20 hectáreas.

No seu control traballaron un técnico, 3 axentes, 8 brigadas e 6 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

0.17831301689148