Convocada a segunda edición do premio de narrativa Agustín Fernández Paz

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) vén de convocar a segunda edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade que na primeira edición recaeu na escritora María Reimóndez.
agustin_portda
23 Abr 2018

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) vén de convocar a segunda edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade que na primeira edición recaeu na escritora María Reimóndez.

Na organización deste premio colaboran tamén o Concello de Vilalba e Edicións Xerais e está pensado na honra de Agustín Fernández Paz.

Como na primeira edición poderán participar no mesmo todas as persoas  que o desexen presentando narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao publico infantil e xuvenil e cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza ou nacionalidade.

O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación do orixinal por Edicións Xerais de Galicia cedendo ao gañador 30 exemplares do mesmo.

O prazo de presentación de orixinais, que xa está aberto, prolongarase ata o 12 de xullo, aproveitando o cabo de ano do autor homenaxeado. Será en outubro cando se de a coñecer o gañador, escollido por un xurado formado por tres persoas de reconocido prestixio cultural.

A entrega de orixinais debe facerse no Iescah, situado na Casa da Cultura de Vilalba.

CARTAZ_II PREMIOAFP2018_4
0.12956595420837