Convocada a Xunta Local de Seguridade para o Festival de Pardiñas

TerraChaXa
Ademais, tamén se abordou a situación da seguridade cidadá no concello, cun descenso dun 7% da delincuencia entre 2024 e 2025
xunta-local-seguridade-pardinas
15 Jul 2026

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, presidiu hoxe en Guitiriz, xunto á alcaldesa, Marisol Morandeira, a Xunta Local de Seguridade convocada co obxectivo de coordinar o dispositivo especial do Festival de Pardiñas 2026.

Na xuntanza, analizouse o operativo previsto para garantir a seguridade durante o festival, que contará coa participación e coordinación da Garda Civil, o subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local. Ademais, tamén se abordou a situación da seguridade cidadá no concello, cun descenso dun 7% da delincuencia entre 2024 e 2025.

Olimpia López puxo en valor a cooperación entre administracións e o traballo coordinado das forzas e corpos de seguridade como elementos clave para garantir tanto a seguridade dos grandes eventos como a tranquilidade no día a día da cidadanía.

0.11257195472717