Convocada nas Pontes unha reunión informativa sobre axudas en materia de vivenda

TerraChaXa
Será este xoves, 23 de xaneiro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa Dopeso
vivendas-sociais-a-pobra-do-brollon
22 Jan 2025

O Concello das Pontes, coa colaboración do Instituto Galego de Vivenda e Solo, organiza unha xornada informativa, aberta a toda á veciñanza, para informar sobre liñas autonómicas de axuda en materia de vivenda

Neste encontro, que se celebrará mañá, 23 de xaneiro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa Dopeso, persoal do IGVS informará sobre as axudas vixentes para persoas propietarias, que desexen alugar as súas vivendas, con garantías fronte a falta de pagamentos o danos nos inmobles.

Ademais ofrecerase información sobre os trámites levados a cabo desde o Concello para a sinatura dun convenio coa Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para poñer en marcha un rexistro municipal de vivendas en alugueiro para que a veciñanza das Pontes se poida beneficiar destas axudas.

⚙ Configurar cookies
0.16145610809326