Convocada senllas prazas de administrativo e técnico no Concello de Vilalba

TerraChaXa
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) informa das bases para a selección dunha praza de administrativo/a e de técnico de xestión en Vilalba.
concello vilalba grande
28 sep 2021

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de onte recolle as bases para a selección dunha praza de administrativo/a e dunha praza de técnico de xestión no Concello de Vilalba. Concretamente, as convocatorias están vinculadas ao Plan Único da Deputación de Lugo, no marco do seu Programa de Fomento do Emprego 2021.

Nos dous casos trátase dun contrato que será temporal, por un período de once meses cunha xornada a tempo completo.  Tanto a praza de administrativo/a como a de técnico/a de xestión están adscritas ós departamentos de Secretaria e Intervención municipal. Para ambas prazas o sistema selectivo elixido é o de concurso-oposición libre.

As solicitudes presentaranse no prazo de cinco días naturais a partir do día seguinte á publicación destas bases. Polo tanto, os aspirantes poderán solicitar estas prazas ata o 4 de outubro de 2021 no Rexistro Xeral do Concello de Vilalba, en días laborais e en horario de oficina, ou ben en calquera dos lugares previstos a tal efecto.

As bases completas poden consultarse no BOP de hoxe: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/27-09-2021.pdf#page=3

0.18575310707092