Convocada unha andaina para este sábado na feira da Reigosa

TerraChaXa
A feira da Reigosa convocou para o 25 unha andaina polos diferentes barrios de Reigosa coa fin de promocionar a nosa contorna máis próxima.
feira reigosa a pastoriza portada
feira reigosa a pastoriza portada
22 Mar 2023

Dentro do plan de recuperación da feira da Reigosa todos os últimos sábados de mes, a asociación organizadora convocou para este día 25 unha andaina polos diferentes barrios de Reigosa coa fin de promocionar a nosa contorna máis próxima desta parroquia pastoricense.

A saída será do centro sociocultural, ás 10.30 horas, e ten unha duración aproximada de 1 hora e media con dificultade  baixa.

A inscrición ten un prezo de 3 euros e ao rematar haberá uns pinchos de balde para todas as persoas que participen nesta actividade.

feira reigosa a pastoriza
0.16077613830566