Convocada unha charla en Vilalba sobre reclamación de gastos hipotecarios

TerraChaXa
O vindeiro martes 26 de marzo ás 19:00 a casa da cultura de Vilalba acollerá unha charla informativa sobre a reclamación de gastos hipotecarios para animar ás persoas consumidoras a reclamar antes de que remate o prazo.
charla gastos hipotecarios vilalba portada cartos impostos
charla gastos hipotecarios vilalba portada cartos impostos
25 Mar 2024

O vindeiro martes 26 de marzo ás 19:00 a casa da cultura de Vilalba acollerá unha charla informativa sobre a reclamación de gastos hipotecarios para animar ás persoas consumidoras a reclamar antes de que remate o prazo.

Trátase dunha actividade que se enmarca no ciclo de actividades informativas promovido pola Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) e que terá como obxectivo informar á cidadanía dos importes que poden reclamar, dos prazos, a documentación e o procedemento que deben seguir.

A charla é completamente gratuíta e non é precisa a inscrición previa.

0.17734599113464